lunes, 25 de mayo de 2020

ACTION SONG

Good morning, boys and girls!

Hoxe deixámosvos por aquí unha canción para comezar a semana con bo pé e mover un pouco ese esqueleto! Podédela bailar vós soíños ou con toda a familia. Tedes que seguir as indicacións que vos vai dando a canción (clap your hands, jump around, touch the sky and the ground...); seguro que o facedes xenial!



See you soon!


lunes, 18 de mayo de 2020

Sun salutation

Good morning kids!

Para empezar a semana con forza, hoxe imos practicar un pouco de ioga. Neste vídeo podedes ver como facer o saúdo ao sol, pero non o típico hello! coa man, eh? 
Para saudar a Mr. Sun precisamos un pouco de espazo e tranquilidade. Vannos axudar dous animaliños DOG and SNAKE (cobra) que tamén se apuntan a este saúdo compartindo as súas posturas. 
Para comezar, podedes poñer unha esterilla ou unha toalla no chan, e acompañar este momento en silencio ou cunha música tranquila.
Mr. Sun vainos guiar neste saúdo dicíndonos onde temos que ir poñendo as nosas HANDS (mans) e FEET (pés), e como temos que ir respirando BREATHE IN (/briz in/ inspirar) / BREATHE OUT (/briz aut/ espirar). Lembrade facer os movementos SLOWLY (/slouli/a modo). Se corredes moito, podedes esquecer respirar como é debido.


Podédelo facer todos os días. É unha boa maneira de dicirlle GOOD MORNING! ao novo día e a o noso corpo.

NAMASTE


SEE YOU!




martes, 12 de mayo de 2020

Guess the shape

Hello kids! 
Hoxe deixámosvos por aquí un vídeo no que vos irán aparecendo diferentes obxectos con formas diversas. Teredes que intentar adiviñar de que formas se tratan! Se non as sabedes, non vos preocupedes! O vídeo diravos a solución, só tedes que ter os olliños e as orelliñas ben abertos! 






viernes, 8 de mayo de 2020

Dance with shapes

Hello kids!

No seguinte vídeo tedes unha canción para mover o esqueleto bailando ao son das formas que traballamos estes días. A cantar e a bailar!


miércoles, 6 de mayo de 2020

More shapes


Hello kids!

Hoxe continuamos coa proposta da semana pasada traballando as formas en inglés. Espero que xogárades moito coas vosas tarxetas. Seguro que xa sodes expertas e expertos en buscar formas pola casa e nomealas.

Hoxe deixámosvos un contiño que se titula MOUSE SHAPES de Ellen Stoll Walsh. O conto ten por protagonistas a un grupo de ratiños (mice /mais/) que escapan dun gato (cat) e escóndense entre un montón de bloques con diferentes formas. Con moita imaxinación construirán diferentes cousas con esas formas (a tree🌲, a house🏠, the Sun🌞, a book📖, a fish🐠, the cat 🐈). Pero... e se volve aparecer o gato? Que inventarán para asustalo?🙀


Se queredes practicar e facer debuxos coas formas como fixeron os ratiños, aquí vos deixamos un vídeo para que aprendades a facer debuxos de animais moi chulos e sinxelos usando as formas que vimos estes días. Se queredes, podedes mandar o resultado ao correo gfuentefria@edu.xunta.es e facemos unha entrada compartindo os vosos debuxos. Mans a obra!

Bye Bye Cat GIF - ByeBye Cat Waving GIFs



MERRY CHRISTMAS!!!

 Hi kids!! Xa está aquí Christmas 🎄🎁 Pasádelo moi ben e SANTA e os REIS MAGOS veñan  cheos  de regalos e moitas cousas bonitas!! Aquí tede...