Good morning kids!
Para empezar a semana con forza, hoxe imos practicar un pouco de ioga. Neste vídeo podedes ver como facer o saúdo ao sol, pero non o típico hello! coa man, eh?
Para saudar a Mr. Sun precisamos un pouco de espazo e tranquilidade. Vannos axudar dous animaliños DOG and SNAKE (cobra) que tamén se apuntan a este saúdo compartindo as súas posturas.
Para comezar, podedes poñer unha esterilla ou unha toalla no chan, e acompañar este momento en silencio ou cunha música tranquila.
Mr. Sun vainos guiar neste saúdo dicíndonos onde temos que ir poñendo as nosas HANDS (mans) e FEET (pés), e como temos que ir respirando BREATHE IN (/briz in/ inspirar) / BREATHE OUT (/briz aut/ espirar). Lembrade facer os movementos SLOWLY (/slouli/a modo). Se corredes moito, podedes esquecer respirar como é debido.
Podédelo facer todos os días. É unha boa maneira de dicirlle GOOD MORNING! ao novo día e a o noso corpo.
NAMASTE
SEE YOU!
No hay comentarios:
Publicar un comentario