martes, 22 de diciembre de 2020

MERRY CHRISTMAS!!!

 Hi kids!!

Xa está aquí Christmas 🎄🎁

Pasádelo moi ben e SANTA e os REIS MAGOS veñan  cheos  de regalos e moitas cousas bonitas!!

Aquí tedes a canción que aprendimos estes días 😘



martes, 16 de junio de 2020

Do you like?

Hi kids!
Xa non queda nada para rematar o curso e, ainda que estes últimos meses non foron como a todas e todos nos gustaría, nos despediremos ata setembro.
Hoxe deixámosvos unha canción, que moitos xa coñecedes, que nos fala de cómo preguntar se algo nos gusta. Esta canción contén unhas receitas con ingredientes riquísimos (yummy), pero as mesturas destes son un pouco...curiosas! Que vos parecen? Do you like them?
💚Yes, I do!
❌No, I don't!





lunes, 8 de junio de 2020

Fruity faces

Hi kids!
Seguimos xogando con ricas froitas. Hoxe propoñémosvos facer caras empregando as froitas que vaiades comer no almorzo ou na merenda. Podedes preparar un prato variado como os dos exemplos ou inventar un pola vosa conta. Imaxinación ao poder!
Lembramos as partes da cara?
  • Eyes 👀 /ais/
  • Ears👂 /iars/
  • Mouth👄 /mauz/
  • Nose👃 /nous/
  • Teeth😁 /tiz/
  • Hair👩👦 /hea(r)/





jueves, 4 de junio de 2020

Aziza´s Hat

Hi kids!

Hoxe imos ver un contiño moi chulo no que unha nena chamada Aziza vai a unha festa e decide decorar o seu hat con diferentes froitas. Chegarán todas á festa? Neste conto tamén saen moitos animais. A ver se lembrades os seus nomes en inglés.


martes, 2 de junio de 2020

Yummy fruits

Hi kids!
Estes días de calor temos que lembrar beber moita auga e tomar froita para refrescarnos e hidratarnos. Incluso podemos facer ice lollies /ais lolis/ (polos) con diferentes froitas para tomar de merenda. Seguro que se vos ocorren receitas riquísimas con diferentes combinacións. Cal é a vosa favorita? My favourite flavour is...strawberry and banana! 
Imos a botarlle un ollo a como se din as diferentes froitas en inglés. Podedes adiviñar que foita están debuxando de cada vez?




Podedes compartir con todos cal é a vosa favourite fruit: My favourite fruit is... 
E se non podedes escoller porque vos gustan varias: My favourite fruits are...
Se vos apetece, podedes mandar un vídeo dicíndonos cal é a vosa fruit ou ice lolly flavour favoritos, ou unha foto que o ilustre, e a publicaremos por aquí para compartir cos compañeiros.
Despedímonos con unha fruity song para bailar e cantar.



See you! 
🍎🍐🍑🍉🍋🍓🍌🍍🍇

lunes, 25 de mayo de 2020

ACTION SONG

Good morning, boys and girls!

Hoxe deixámosvos por aquí unha canción para comezar a semana con bo pé e mover un pouco ese esqueleto! Podédela bailar vós soíños ou con toda a familia. Tedes que seguir as indicacións que vos vai dando a canción (clap your hands, jump around, touch the sky and the ground...); seguro que o facedes xenial!



See you soon!


MERRY CHRISTMAS!!!

 Hi kids!! Xa está aquí Christmas 🎄🎁 Pasádelo moi ben e SANTA e os REIS MAGOS veñan  cheos  de regalos e moitas cousas bonitas!! Aquí tede...