Estes días de calor temos que lembrar beber moita auga e tomar froita para refrescarnos e hidratarnos. Incluso podemos facer ice lollies /ais lolis/ (polos) con diferentes froitas para tomar de merenda. Seguro que se vos ocorren receitas riquísimas con diferentes combinacións. Cal é a vosa favorita? My favourite flavour is...strawberry and banana!
Imos a botarlle un ollo a como se din as diferentes froitas en inglés. Podedes adiviñar que foita están debuxando de cada vez?
E se non podedes escoller porque vos gustan varias: My favourite fruits are...
Se vos apetece, podedes mandar un vídeo dicíndonos cal é a vosa fruit ou ice lolly flavour favoritos, ou unha foto que o ilustre, e a publicaremos por aquí para compartir cos compañeiros.
Despedímonos con unha fruity song para bailar e cantar.
See you!
🍎🍐🍑🍉🍋🍓🍌🍍🍇
No hay comentarios:
Publicar un comentario