jueves, 30 de abril de 2020

Shapes


Hello kids!

Hoxe deixamos por aquí unha proposta coas formas en inglés. A continuación tedes un pdf onde tedes  varias formas e coas súas correspondetes palabras. Podedes imprimir as tarxetas para xogar, ou podedes ser creativos e confeccionar as vosas propias tarxetas cos vosos propios debuxos.




Con estas tarxetas podedes xogar a varias cousas. A ver que vos parecen estas suxestións.

1. Safari de formas: Escollemos ao chou unha tarxeta do montón. Temos que buscar pola casa tantos obxectos con esa forma como sexa posible. Se é posible, podemos facerlle incluso unha foto. Cantos sodes capaces de atopar. De que forma atopástedes máis?

2. Xogar ao SNAP: É un xogo para dous. Tedes que facer dous xogos de tarxetas, é dicir imprimir estas dúas veces ou debuxar dúas de cada. Repartides un xogo de tarxetas para cada xogador, barallades e as poñedes boca abaixo. Cada xogador saca unha tarxeta e dalle a volta colocándoa no centro dicindo en voz alta o nome da forma que ve. Non vale darlle a volta antes de poñela no centro! O outro xogador fai o mesmo alternando tiradas de un e outro xogador. Se nunha tirada a tarxeta que sae coincide coa que estaba de última no montón, os dous xogadores teñen que botar a man ao montón e dicir "SNAP!". O primeiro en poñer a man gaña un punto. Podedes xogar a cantos puntos decidades. Se se acaban as cartar e non coincidiu ningunha carta. Recollemos, separamos outra vez en dous xogos de cartas completos e volvemos a empezar.

3. Can you make a ...?: Poñemos nunha mesa as tarxetas e varios elementos que teñamos por casa que nos sirvan para construir (garavanzos, macarróns, palliñas, palillos, pompón, plastilina, ceras). Escollemos unha tarxeta e tentamos reproducir a forma cos elementos que teñamos.

4. Choose and draw: Escollemos dúas ou tres tarxetas de formas. Que se vos ocorre debuxar usando esas formase engadindo outros detalles? Un robot, un animal, unha paisaxe, un xoguete... imaxinación ao poder!

Por último, aquí tedes unha cancións moi divertidas que podedes ver antes de xogar para aprender a pronunciar os nomes das formas en inglés. A que son fáciles de lembrar?





See you soon!

lunes, 27 de abril de 2020

Simon Says

Hello kids!

Hoxe déixovos un xogo de Simon Says nun video interactivo. Estou segura de que este gatiño non vai conseguir enganarvos!





See you tomorrow!

lunes, 13 de abril de 2020

WALKING IN THE JUNGLE

Hello girls and boys!

Que tal estas vacacións tan atípicas? Esperamos que moi ben!

Acordádesvos de que no cole estabamos a aprender os animais? Pois aquí tedes un vídeo no que teredes que imitar o que fan os nenos que van "walking in the jungle" (camiñando pola selva).



Seguindo cos animais... a ver que tal se vos da o xogo "Guess the animal" (adiviña o animal)! Neste vídeo, escoitaredes os sons que fan diferentes animais (horse, pig, duck...) e teredes que adiviñar de que animal se trata! 



Esperamos que vos gusten estas propostas! 


martes, 7 de abril de 2020

Easter Egg Hunt

Hello boys and girls!

Queredes ver como traballan os Easter Bunnies para facer os ovos de chocolate? Aquí vai un video de como se reparten as tarefas. Traballo en equipo!





Agora que xa teñen os ovos listos, tócalles escondelos e a nós, tócanos atopalos e metelos nas nosas cestas. A esto en inglés chamásmoslle Easter Egg Hunt (a "caza" dos ovos de Pascua). Aquí vos deixo un conto de Spot´s First Easter. Spot é un canciño que nesta ocasión vai tras os pasos do Easter Bunny buscando os oviños que escondeu. Cantos credes que agachou? A ver se Spot consegue atopalos todos.





Se pinchades na imaxe de debaixo, atoparedes un xogo no que podedes buscar os Easter eggs agachados en cada imaxe. Algúns son moi fáciles e outros están moi ben escondidos. A buscar!


Unha opción moito máis divertida é deseñar os vosos propios Ester eggs en papel ou cartolina, e despois escondelos pola casa. Pode ser que incluso atopedes algún de chocolate! Podedes dar pistas a quen os busque dicindo HOT (quente) se está buscando cerca de onde está o ovo, ou COLD (frío) se está lonxe.

E por se queredes traballar un pouco coas mans, aquí van unhas cantas ideas.

Happy Easter!



firefliesandmudpies.com




fantasticfunandlearning.com

artfulparent.com

funfamilycrafts.com

Easter

Hello kids!

Esta semana chega Easter (Pascua) e o Easter Bunny vai comezar a facer das súas agachando Easter eggs (ovos de pascua). Seguro que este ano se ocupa de agachalos nas vosas casiñas porque sabe que, de momento, non podemos ir buscamos fóra.


Hoxe propóñovos adicarlle un baile facendo os movementos que el fai el. Imos repasalos:
  • This is the way the bunny hops: Así salta o coelliño
  • This is the way he wiggles his nose: así move o seu nariz
  • This is the way he flops his ears: así baixa e sube as orellas
  • This is the way he shakes his tail: así sacude a coliña
Para comezar, podedes xogar a Bunny Says para practicar os movementos do baile. É igual que Simon says, pero neste caso o que da as ordes é o Coelliño de Pascua. Para xogar a este xogo, precisades que alguén faga de coelliño. 


1. Escollemos quen vai ser o Easter Bunny, que será quen dea as ordes.
2. Repasamos as ordes imitando os movementos (hop, wiggle your nose, flop your ears, shake your tail).
3. Comeza o xogo: quen fai de coelliño di a fórmula inicial "Bunny says..." e unha das accións que repasamos anteriormente. Todos os xogadores e xogadoras teñen que facer o que mandou o coelliño. Repetimos o mesmo ("Bunny says...") coas outras accións alternándoas.
4. O truco do xogo é que o Easter Bunny pode tentar enganar aos xogadores e xogadoras dicindo solo a orde sen dicir primeiro "Bunny says". Cando pasa esto, os xogadores e xogadoras deben quedar quietos ou freeze (conxelarse). Por exemplo, se o Bunny di "Bunny says...shake your tail", todos teñen que facer que moven as coliñas. Se pola contra o coelliño di solo "Shake your tail", os xogadores teñen que quedar quietos.
5. Se alguén se equivoca e se move, recibe unha cenoria (podedes debuxalas). Facemos 5 rondas. Quen teña menos cenorias pasa a ser o Easter Bunny para a seguinte tanda do xogo.

* Nota para as familias: 
Se dubidades da pronunciación das palabras propostas, o Tradutor Google é unha boa ferramenta para consultar.  Se escribides a palabra e clicades na icona do altavoz, escoitaredes a pronuncia da palabras. Tamén podes escribir o texto no buscador de Google e o primero que vos aparecerá será a opción traducir/escoitar.

Agardo que desfrutedes do xogo e a canción. 

Mañán, preparade as vosas cestiñas que imos ir de Easter egg hunt (a "cazar" de ovos de Pascua).



MERRY CHRISTMAS!!!

 Hi kids!! Xa está aquí Christmas 🎄🎁 Pasádelo moi ben e SANTA e os REIS MAGOS veñan  cheos  de regalos e moitas cousas bonitas!! Aquí tede...