Hello kids!
Esta semana chega Easter (Pascua) e o Easter Bunny vai comezar a facer das súas agachando Easter eggs (ovos de pascua). Seguro que este ano se ocupa de agachalos nas vosas casiñas porque sabe que, de momento, non podemos ir buscamos fóra.
Hoxe propóñovos adicarlle un baile facendo os movementos que el fai el. Imos repasalos:
- This is the way the bunny hops: Así salta o coelliño
- This is the way he wiggles his nose: así move o seu nariz
- This is the way he flops his ears: así baixa e sube as orellas
- This is the way he shakes his tail: así sacude a coliña
1. Escollemos quen vai ser o Easter Bunny, que será quen dea as ordes.
2. Repasamos as ordes imitando os movementos (hop, wiggle your nose, flop your ears, shake your tail).
3. Comeza o xogo: quen fai de coelliño di a fórmula inicial "Bunny says..." e unha das accións que repasamos anteriormente. Todos os xogadores e xogadoras teñen que facer o que mandou o coelliño. Repetimos o mesmo ("Bunny says...") coas outras accións alternándoas.
4. O truco do xogo é que o Easter Bunny pode tentar enganar aos xogadores e xogadoras dicindo solo a orde sen dicir primeiro "Bunny says". Cando pasa esto, os xogadores e xogadoras deben quedar quietos ou freeze (conxelarse). Por exemplo, se o Bunny di "Bunny says...shake your tail", todos teñen que facer que moven as coliñas. Se pola contra o coelliño di solo "Shake your tail", os xogadores teñen que quedar quietos.
5. Se alguén se equivoca e se move, recibe unha cenoria (podedes debuxalas). Facemos 5 rondas. Quen teña menos cenorias pasa a ser o Easter Bunny para a seguinte tanda do xogo.
* Nota para as familias:
Se dubidades da pronunciación das palabras propostas, o Tradutor Google é unha boa ferramenta para consultar. Se escribides a palabra e clicades na icona do altavoz, escoitaredes a pronuncia da palabras. Tamén podes escribir o texto no buscador de Google e o primero que vos aparecerá será a opción traducir/escoitar.
Agardo que desfrutedes do xogo e a canción.
Mañán, preparade as vosas cestiñas que imos ir de Easter egg hunt (a "cazar" de ovos de Pascua).

No hay comentarios:
Publicar un comentario