Hello kids!
Hoxe deixamos por aquí unha proposta coas formas en inglés. A continuación tedes un pdf onde tedes varias formas e coas súas correspondetes palabras. Podedes imprimir as tarxetas para xogar, ou podedes ser creativos e confeccionar as vosas propias tarxetas cos vosos propios debuxos.
Con estas tarxetas podedes xogar a varias cousas. A ver que vos parecen estas suxestións.
1. Safari de formas: Escollemos ao chou unha tarxeta do montón. Temos que buscar pola casa tantos obxectos con esa forma como sexa posible. Se é posible, podemos facerlle incluso unha foto. Cantos sodes capaces de atopar. De que forma atopástedes máis?
2. Xogar ao SNAP: É un xogo para dous. Tedes que facer dous xogos de tarxetas, é dicir imprimir estas dúas veces ou debuxar dúas de cada. Repartides un xogo de tarxetas para cada xogador, barallades e as poñedes boca abaixo. Cada xogador saca unha tarxeta e dalle a volta colocándoa no centro dicindo en voz alta o nome da forma que ve. Non vale darlle a volta antes de poñela no centro! O outro xogador fai o mesmo alternando tiradas de un e outro xogador. Se nunha tirada a tarxeta que sae coincide coa que estaba de última no montón, os dous xogadores teñen que botar a man ao montón e dicir "SNAP!". O primeiro en poñer a man gaña un punto. Podedes xogar a cantos puntos decidades. Se se acaban as cartar e non coincidiu ningunha carta. Recollemos, separamos outra vez en dous xogos de cartas completos e volvemos a empezar.
3. Can you make a ...?: Poñemos nunha mesa as tarxetas e varios elementos que teñamos por casa que nos sirvan para construir (garavanzos, macarróns, palliñas, palillos, pompón, plastilina, ceras). Escollemos unha tarxeta e tentamos reproducir a forma cos elementos que teñamos.
4. Choose and draw: Escollemos dúas ou tres tarxetas de formas. Que se vos ocorre debuxar usando esas formase engadindo outros detalles? Un robot, un animal, unha paisaxe, un xoguete... imaxinación ao poder!
Por último, aquí tedes unha cancións moi divertidas que podedes ver antes de xogar para aprender a pronunciar os nomes das formas en inglés. A que son fáciles de lembrar?
See you soon!
No hay comentarios:
Publicar un comentario