martes, 31 de marzo de 2020

Brown Bear, Brown Bear What Do You See?

Hello boys and girls!

Hoxe propoñémosvos un conto cantado. O conto titúlase "BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?" de Eric Carle. Nel saen moitos animais que xa coñecedes, mais pasa algo estrano... non todos os animais son da cor que imaxinamos!



Imos escoitar este conto e despois podemos propoñerlle ás nosas familias que xoguen con nós a un xogo chamado "I SPY". Este xogo é como o "vexo vexo", pero en inglés. Para xogar seguiremos estes pasos:

1. Escollemos quen empeza sendo o spy (espía).

2. O spy busca e escolle coa mirada unha cousa da habitación na que esteades. Non o digas en voz alta, é secreto!

3. Pensa de que cor é para dar a pista. Como se di esa cor en inglés?

3. O spy comeza o xogo dicindo "I spy with my little eye something..." e decimos en inglés a cor do obxecto que eleximos. Por exemplo, "I spy with my little eye something green".

4. As personas que estean xogando teñen que tratar de adiviñar cal é o obxecto que elexiu o espía na habitación dicindo as cousas que hai desa cor.

5. O que acerte convértese no spy e ten que escoller outra cousa para volver a comezar o xogo.

Aquí vos deixamos un exemplo de como se xoga.



Tamén vos deixamos dúas cancións para repasar, cantar e bailar as cores en inglés.






What's your favourite colour?







No hay comentarios:

Publicar un comentario

MERRY CHRISTMAS!!!

 Hi kids!! Xa está aquí Christmas 🎄🎁 Pasádelo moi ben e SANTA e os REIS MAGOS veñan  cheos  de regalos e moitas cousas bonitas!! Aquí tede...