Hi kids! Xa non queda nada para rematar o curso e, ainda que estes últimos meses non foron como a todas e todos nos gustaría, nos despediremos ata setembro. Hoxe deixámosvos unha canción, que moitos xa coñecedes, que nos fala de cómo preguntar se algo nos gusta. Esta canción contén unhas receitas con ingredientes riquísimos (yummy), pero as mesturas destes son un pouco...curiosas! Que vos parecen? Do you like them? 💚Yes, I do! ❌No, I don't!
Hi kids! Seguimos xogando con ricas froitas. Hoxe propoñémosvos facer caras empregando as froitas que vaiades comer no almorzo ou na merenda. Podedes preparar un prato variado como os dos exemplos ou inventar un pola vosa conta. Imaxinación ao poder! Lembramos as partes da cara?
Hi kids! Hoxe imos ver un contiño moi chulo no que unha nena chamada Aziza vai a unha festa e decide decorar o seu hat con diferentes froitas. Chegarán todas á festa? Neste conto tamén saen moitos animais. A ver se lembrades os seus nomes en inglés.
Hi kids! Estes días de calor temos que lembrar beber moita auga e tomar froita para refrescarnos e hidratarnos. Incluso podemos facer ice lollies /ais lolis/ (polos) con diferentes froitas para tomar de merenda. Seguro que se vos ocorren receitas riquísimas con diferentes combinacións. Cal é a vosa favorita? My favourite flavour is...strawberry and banana! Imos a botarlle un ollo a como se din as diferentes froitas en inglés. Podedes adiviñar que foita están debuxando de cada vez?
Podedes compartir con todos cal é a vosa favourite fruit: My favourite fruit is... E se non podedes escoller porque vos gustan varias: My favourite fruits are... Se vos apetece, podedes mandar un vídeo dicíndonos cal é a vosa fruit ou ice lolly flavour favoritos, ou unha foto que o ilustre, e a publicaremos por aquí para compartir cos compañeiros. Despedímonos con unha fruity song para bailar e cantar.
Hoxe deixámosvos por aquí unha canción para comezar a semana con bo pé e mover un pouco ese esqueleto! Podédela bailar vós soíños ou con toda a familia. Tedes que seguir as indicacións que vos vai dando a canción (clap your hands, jump around, touch the sky and the ground...); seguro que o facedes xenial!
Para empezar a semana con forza, hoxe imos practicar un pouco de ioga. Neste vídeo podedes ver como facer o saúdo ao sol, pero non o típico hello! coa man, eh?
Para saudar a Mr. Sun precisamos un pouco de espazo e tranquilidade. Vannos axudar dous animaliños DOG and SNAKE (cobra) que tamén se apuntan a este saúdo compartindo as súas posturas.
Para comezar, podedes poñer unha esterilla ou unha toalla no chan, e acompañar este momento en silencio ou cunha música tranquila.
Mr. Sun vainos guiar neste saúdo dicíndonos onde temos que ir poñendo as nosas HANDS (mans) e FEET (pés), e como temos que ir respirando BREATHE IN (/briz in/ inspirar) / BREATHE OUT (/briz aut/ espirar). Lembrade facer os movementos SLOWLY (/slouli/a modo). Se corredes moito, podedes esquecer respirar como é debido.
Podédelo facer todos os días. É unha boa maneira de dicirlle GOOD MORNING! ao novo día e a o noso corpo.
Hoxe deixámosvos por aquí un vídeo no que vos irán aparecendo diferentes obxectos con formas diversas. Teredes que intentar adiviñar de que formas se tratan! Se non as sabedes, non vos preocupedes! O vídeo diravos a solución, só tedes que ter os olliños e as orelliñas ben abertos!
Hoxe continuamos coa proposta da semana pasada traballando as formas en inglés. Espero que xogárades moito coas vosas tarxetas. Seguro que xa sodes expertas e expertos en buscar formas pola casa e nomealas.
Hoxe deixámosvos un contiño que se titula MOUSE SHAPES de Ellen Stoll Walsh. O conto ten por protagonistas a un grupo de ratiños (mice /mais/) que escapan dun gato (cat) e escóndense entre un montón de bloques con diferentes formas. Con moita imaxinación construirán diferentes cousas con esas formas (a tree🌲, a house🏠, the Sun🌞, a book📖, a fish🐠, the cat 🐈). Pero... e se volve aparecer o gato? Que inventarán para asustalo?🙀
Se queredes practicar e facer debuxos coas formas como fixeron os ratiños, aquí vos deixamos un vídeo para que aprendades a facer debuxos de animais moi chulos e sinxelos usando as formas que vimos estes días. Se queredes, podedes mandar o resultado ao correo gfuentefria@edu.xunta.es e facemos unha entrada compartindo os vosos debuxos. Mans a obra!
Hoxe deixamos por aquí unha proposta coas formas en inglés. A continuación tedes un pdf onde tedes varias formas e coas súas correspondetes palabras. Podedes imprimir as tarxetas para xogar, ou podedes ser creativos e confeccionar as vosas propias tarxetas cos vosos propios debuxos.
Con estas tarxetas podedes xogar a varias cousas. A ver que vos parecen estas suxestións.
1. Safari de formas: Escollemos ao chou unha tarxeta do montón. Temos que buscar pola casa tantos obxectos con esa forma como sexa posible. Se é posible, podemos facerlle incluso unha foto. Cantos sodes capaces de atopar. De que forma atopástedes máis?
2. Xogar ao SNAP: É un xogo para dous. Tedes que facer dous xogos de tarxetas, é dicir imprimir estas dúas veces ou debuxar dúas de cada. Repartides un xogo de tarxetas para cada xogador, barallades e as poñedes boca abaixo. Cada xogador saca unha tarxeta e dalle a volta colocándoa no centro dicindo en voz alta o nome da forma que ve. Non vale darlle a volta antes de poñela no centro! O outro xogador fai o mesmo alternando tiradas de un e outro xogador. Se nunha tirada a tarxeta que sae coincide coa que estaba de última no montón, os dous xogadores teñen que botar a man ao montón e dicir "SNAP!". O primeiro en poñer a man gaña un punto. Podedes xogar a cantos puntos decidades. Se se acaban as cartar e non coincidiu ningunha carta. Recollemos, separamos outra vez en dous xogos de cartas completos e volvemos a empezar.
3. Can you make a ...?: Poñemos nunha mesa as tarxetas e varios elementos que teñamos por casa que nos sirvan para construir (garavanzos, macarróns, palliñas, palillos, pompón, plastilina, ceras). Escollemos unha tarxeta e tentamos reproducir a forma cos elementos que teñamos.
4. Choose and draw: Escollemos dúas ou tres tarxetas de formas. Que se vos ocorre debuxar usando esas formase engadindo outros detalles? Un robot, un animal, unha paisaxe, un xoguete... imaxinación ao poder!
Por último, aquí tedes unha cancións moi divertidas que podedes ver antes de xogar para aprender a pronunciar os nomes das formas en inglés. A que son fáciles de lembrar?
Que tal estas vacacións tan atípicas? Esperamos que moi ben!
Acordádesvos de que no cole estabamos a aprender os animais? Pois aquí tedes un vídeo no que teredes que imitar o que fan os nenos que van "walking in the jungle" (camiñando pola selva).
Seguindo cos animais... a ver que tal se vos da o xogo "Guess the animal" (adiviña o animal)! Neste vídeo, escoitaredes os sons que fan diferentes animais (horse, pig, duck...) e teredes que adiviñar de que animal se trata!
Hello boys and girls! Queredes ver como traballan os Easter Bunnies para facer os ovos de chocolate? Aquí vai un video de como se reparten as tarefas. Traballo en equipo!
Agora que xa teñen os ovos listos, tócalles escondelos e a nós, tócanos atopalos e metelos nas nosas cestas. A esto en inglés chamásmoslle Easter Egg Hunt (a "caza" dos ovos de Pascua). Aquí vos deixo un conto de Spot´s First Easter. Spot é un canciño que nesta ocasión vai tras os pasos do Easter Bunny buscando os oviños que escondeu. Cantos credes que agachou? A ver se Spot consegue atopalos todos.
Se pinchades na imaxe de debaixo, atoparedes un xogo no que podedes buscar os Easter eggs agachados en cada imaxe. Algúns son moi fáciles e outros están moi ben escondidos. A buscar!
Unha opción moito máis divertida é deseñar os vosos propios Ester eggs en papel ou cartolina, e despois escondelos pola casa. Pode ser que incluso atopedes algún de chocolate! Podedes dar pistas a quen os busque dicindo HOT (quente) se está buscando cerca de onde está o ovo, ou COLD (frío) se está lonxe.
E por se queredes traballar un pouco coas mans, aquí van unhas cantas ideas.
Esta semana chega Easter (Pascua) e o Easter Bunnyvai comezar a facer das súas agachando Easter eggs (ovos de pascua). Seguro que este ano se ocupa de agachalos nas vosas casiñas porque sabe que, de momento, non podemos ir buscamos fóra.
Hoxe propóñovos adicarlle un baile facendo os movementos que el fai el. Imos repasalos:
This is the way the bunny hops: Así salta o coelliño
This is the way he wiggles his nose: así move o seu nariz
This is the way he flops his ears: así baixa e sube as orellas
This is the way he shakes his tail: así sacude a coliña
Para comezar, podedes xogar a Bunny Says para practicar os movementos do baile. É igual que Simon says, pero neste caso o que da as ordes é o Coelliño de Pascua. Para xogar a este xogo, precisades que alguén faga de coelliño.
1. Escollemos quen vai ser o Easter Bunny, que será quen dea as ordes. 2. Repasamos as ordes imitando os movementos (hop, wiggle your nose, flop your ears, shake your tail). 3. Comeza o xogo: quen fai de coelliño di a fórmula inicial "Bunny says..." e unha das accións que repasamos anteriormente. Todos os xogadores e xogadoras teñen que facer o que mandou o coelliño. Repetimos o mesmo ("Bunny says...") coas outras accións alternándoas. 4. O truco do xogo é que o Easter Bunny pode tentar enganar aos xogadores e xogadoras dicindo solo a orde sen dicir primeiro "Bunny says". Cando pasa esto, os xogadores e xogadoras deben quedar quietos ou freeze (conxelarse). Por exemplo, se o Bunny di "Bunny says...shake your tail", todos teñen que facer que moven as coliñas. Se pola contra o coelliño di solo "Shake your tail", os xogadores teñen que quedar quietos. 5. Se alguén se equivoca e se move, recibe unha cenoria (podedes debuxalas). Facemos 5 rondas. Quen teña menos cenorias pasa a ser o Easter Bunny para a seguinte tanda do xogo. * Nota para as familias: Se dubidades da pronunciación das palabras propostas, o Tradutor Google é unha boa ferramenta para consultar. Se escribides a palabra e clicades na icona do altavoz, escoitaredes a pronuncia da palabras. Tamén podes escribir o texto no buscador de Google e o primero que vos aparecerá será a opción traducir/escoitar. Agardo que desfrutedes do xogo e a canción. Mañán, preparade as vosas cestiñas que imos ir de Easter egg hunt (a "cazar" de ovos de Pascua).
Hello boys and girls! Hoxe propoñémosvos un conto cantado. O conto titúlase "BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?" de Eric Carle.Nel saen moitos animais que xa coñecedes, mais pasa algo estrano... non todos os animais son da cor que imaxinamos!
Imos escoitar este conto e despois podemos propoñerlle ás nosas familias que xoguen con nós a un xogo chamado "I SPY". Este xogo é como o "vexo vexo", pero en inglés. Para xogar seguiremos estes pasos: 1. Escollemos quen empeza sendo o spy (espía). 2. O spy busca e escolle coa mirada unha cousa da habitación na que esteades. Non o digas en voz alta, é secreto! 3. Pensa de que cor é para dar a pista. Como se di esa cor en inglés? 3. O spy comeza o xogo dicindo "I spy with my little eye something..." e decimos en inglés a cor do obxecto que eleximos. Por exemplo, "I spy with my little eye something green". 4. As personas que estean xogando teñen que tratar de adiviñar cal é o obxecto que elexiu o espía na habitación dicindo as cousas que hai desa cor. 5. O que acerte convértese no spy e ten que escoller outra cousa para volver a comezar o xogo. Aquí vos deixamos un exemplo de como se xoga.
Tamén vos deixamos dúas cancións para repasar, cantar e bailar as cores en inglés.
Bos días, familias, nenas e nenos: As teachers de inglés de infantil do CEIP Padre Feijóo creamos este blogue para propoñervos diferentes actividades que poderedes realizar, de xeito sinxelo e divertido, cos máis peques da casa. Intentaremos que esta situación sexa o máis levadeira posible! Estade atentas e atentos a novas publicacións que iremos facendo. WELCOME!